Vilamor

Unha película de Ignacio Vilar

Carlos Asorey


Guionista e director nacido en Santiago de Compostela en 1956. É licenciado en Ciencias da Información en Madrid, onde desenvolveu unha prolífica traxectoria como guionista de  numerosos programas de TV, curtametraxes e longametraxes, así como colaboracións  en proxectos de cineastas como  Fernando León. Xa foi coguionista con Ignacio Vilar na súa anterior longa, Pradolongo (2007).

Outras das longametraxes nas que participou foron Karma (2006), ¿De qué va eso del amor? (2005/ 2006), Eres mi héroe (2003), La gran vida (2000), Cha- cha-cha (1998), Corazón loco (1996), Por fin solos (1994), Copia cero (1981).