Vilamor

Unha película de Ignacio Vilar

Personaxes

Breixo
Breixo
Breixo
Breixo
Breixo
Breixo

Breixo

Rubén Riós

Breixo é un seminarista que volve á súa vila, Seoane, para pasar as vacacións, no verán en que os comuneiros se instalan na aldea próxima de Vilamor. A experiencia de coñecelos fará que todo cambie para el.

 

Rubén Riós naceu en Riós (Ourense) e é actor dramático desde 2001. Comezou representando coa Escola Municipal de Teatro de Vigo e ten traballado mesmo como técnico de escena, ás ordes de Vicente Montoto. Interpretou para televisión como actor de publicidade e en teleseries, e foi protagonista da longametraxe Pradolongo, de Ignacio Vilar, no 2007. Tamén ten experiencia como guionista en programas de televisión, e escribiu unha longametraxe, Galaicus, que prepara a produtora Zircozine. Dirixiu as curtametraxes Adeus Edrada (2007) e Coser e cantar (2009).