Vilamor

Soñábamos cun mundo mellor. Decidimos facelo realidade

Rodaxe de verán: Ver Descargar

O blog

Comezamos percorrido da Caravana por Cataluña!


3 comentarios

Esta pode ser unha das imaxes clave da promoción de Vilamor en Galicia.

Extensa campaña coa que xa temos cumprido un ano, que reportou a todo o equipo grandes doses de satisfacción, incribles encontros cos espectadores de cada recuncho de Galicia (e parte do estranxeiro!!) e unha sensación certa, real, de que coas nosas historias é posible chegar onde nós mesmos nos propoñamos.

E niso estamos de novo, chegar onde nos propoñamos... Desta volta foron moitos os quilómetros percorridos onte que nos levaron a Cataluña, onde hoxe mesmo, venres 10 de maio, comeza o periplo da caravana.

Estas son as presentacións de Vilamor previstas entre hoxe e o luns:

Venres 10 de maio, 15:30h: COLEXIO SANTA MARTA (Casa Nova, 17-19, L’Hospitalet de Llobregat)

Venres 10 de maio, 20h: CASA GALLEGA DE L’HOSPITALET (Santa Eulalia, 2, L’Hospitalet de Llobregat). Coa presenza de D. Antonio Rodríguez Miranda, Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia

Sábado 11 de maio, 18:30h: CENTRO GALLEGO DE BARCELONA (Rambla Caputxins, 35-37, Barcelona)

Domingo 12 de maio, 12h: AGARIMOS DE BADALONA (París, 45, bajos, Badalona)

Domingo 12 de maio, 19h: AGRUPACIÓN CULTURAL SAUDADE (Chapí, 18-20, Barcelona)

Lunes 13 de maio, 13h: IES APELES MESTRES (Carrer Zuloaga, s/n, L’Hospitalet de Llobregat)
 

Seguiremos informando puntualmente das actualizacións do calendario Vilamor. 

Entre hoxe mesmo e o venres 17 de maio, data máxica na que Vilamor entra en cartel no cine comercial en Cataluña (nada menos que nas Letras Galegas!!), estaredes ao tanto de cada movemento, e serán moitos!!, da Caravana Vilamor.

3 comentarios

Ola a todos/as. En primeiro lugar quería darvos a noraboa por todo o que acadaches con esta peza mestra, que é froito do vosa ilusión e esforzo.

Segundo, desexar que en cada sitio que vaiades os saia tan ben coma o que nos amosaches o ano pasado polos institutos e centros da nosa terra.

A verdade quedei impresionada cando pasastes polo noso centro, foi unha sorpresa e un pracer coñecervos. Non souben que dicir, pero sacastesme un sonrriso á ir pra aula.

Por último, moitísima sorte coa estrea.

Un saúdo.
Ola,
Estou para mercar as entradas do estreo no Gran Via 2 de Hospitalet para o vindeiro 17 de maio. Teño entendido que teredes algunha presentación, de ser así ¿a que hora sería?
Graciñas
A navalla suíza