Vilamor

Soñábamos cun mundo mellor. Decidimos facelo realidade

Rodaxe de verán: Ver Descargar

O blog

Gran proxección de Vilamor en Tomiño


0 comentarios

Xa pasou un ano do memorable día no que Ourense deu a Vilamor esta espectacular acollida.

Unha imaxe como esta non se esquece facilmente!!

 

Dende entón, Vilamor seguiu percorrendo o país con proxeccións en vilas, cidades e aldeas, para alumnos de secundaria e para público en xeral que escoitara falar do noso filme pero non tivera oportunidade de velo no verán posterior á súa estrea. 

Vilamor chegou tamén ás salas catalanas da man de Filmax, reproducindo alí o modelo que tantas ledicias nos deu xa en Galicia, e obtendo o recoñecemento de público e crítica tamén en Cataluña.

Este verán do 2013 estivemos noutros menesteres que teñen que ver, como non, co cinema galego e as maneiras de levar as nosas historias á gran pantalla. Como sabedes, A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, e o seu desembarco no cine, é o próximo gran proxecto de Ignacio Vilar e Vía Láctea Filmes para o curso que comeza, xunto con outros plans de filmes dos que iremos informando no seu debido tempo.

As ideas bulen, e a intención inquebrantable de que a nosa lingua, as nosas historias, as nosas paisaxes e gastronomía, a nosa literatura e historia atopen un oco na gran pantalla segue facéndonos traballar cada día.

E toda esta longa introdución para anunciarvos que o próximo martes 10 de setembro Vilamor volve a estar na estrada e na praza galega, desta volta en Tomiño, na Praza do Seixo e ás 21:30h, coa presenza e introdución do director, Ignacio Vilar.

Nova oportunidade de ver a que foi a película do ano, e novas inquedanzas e proxectos transmitidas neste texto.

Xa sabedes, se andades polo sur de Pontevedra nos días últimos do verán achegádevos a Tomiño con nós!!

 

 

0 comentarios

A navalla suíza