Vilamor

Soñábamos cun mundo mellor. Decidimos facelo realidade

Rodaxe de verán: Ver Descargar

O blog

O documental que supuxo a xerme de Vilamor proxéctase en Madrid


0 comentarios

 

Nalgunha ocasión temos falado xa neste espazo da xerme de Vilamor, do proxecto que desencadeu o que anos máis tarde sería a película coa que levamos un ano percorrendo o mundo :-)

Trátase do documental A aldea: o antigo e o novo, dirixido por Ignacio Vilar e estreado no ano 2000.

Pois ben, todos os que esteades por Madrid estes días tendes a oportunidade de acudir a un pase deste documental de 60 minutos de duración, acompañado por unha presentación e un faladoiro posterior co seu director, Ignacio Vilar.

Todo isto con acceso gratuíto (previa inscrición) o día 19 ás 18:30 na Fundación Telefónica e no marco do Ciclo de cine La historia del pueblo gallego a través de la gran pantalla.

Xa sabedes, os que gustedes do xénero documental, os que coñecedes a traxectoria de Ignacio Vilar, os que gozáchedes con Vilamor e vos interesa indagar máis na orixe deste proxecto, tendes unha oportunidade este venres.

 

0 comentarios

A navalla suíza